Os nenos saharauis de Narón regresarán aos campamentos de refuxiados de Tinduf

Os seis menores saharauis que participaron este ano no programa Vacaciones en Paz en Narón partirán mañá pola tarde cara aos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Arxelia. A concelleira de Acción Social, Catalina García, explicou que realizarán esa mesma viaxe os outros dezaseis nenos que pasaron o verán con familias de acollida doutros concellos da comarca. Os procedentes de Ferrol, un total de sete, sairán do municipio veciño cara a Narón ás 17 horas para reunirse cos seis que estiveron na localidade uns minutos máis tarde, na parada do bus localizada entre o Concello e a Casa da Cultura. No programa participaron este ano un total de vinte e dous menores saharauis e dezaseis familias de acollida de sete concellos da comarca, a donde chegaron a mediados do pasado mes de xullo.

Collerán tamén en Narón o autobús que os levará ao aeroporto de Santiago de Compostela, desde donde viaxarán en avión ata Tinduf, os menores que estiveron con familias de acollida das Pontes –dous- e San Sadurniño –un- para posteriormente recoller aos que estiveron en Fene –tres- e Mugardos –outros tres-.

O Concello de Narón acolleu o 20 de xullo unha recepción oficial aos catro nenos e dúas nenas saharauis que xunto con familias da localidade participaron no programa impulsado pola Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, á que asistiron o alcalde, José Manuel Blanco, e representantes dalgúns grupos políticos con representación municipal, así como as familias de acollida da localidade. Os menores recibiron, como cada ano, uns agasallos institucionais.

 

O Concello de Narón colabora desde hai varios anos coa Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui a través dun convenio co que se financian as viaxes dos nenos e nenas que pasan o verán con familias de acollida da localidade.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …