Foto denuncia-Narón. Unha selva na rúa Concepción Arenal, na Gándara

naron-foto denuncia-5-9Este é o estado a día de hoxe, luns 5 de setembro, dunha parcela na Gándara (Narón), situada na Rúa Concepción Arenal, entre a Estrada da Gándara e a Rúa Cambre. Grafica que nos envía un veciño da zona

As silvas chegan case á altura do primeiro andar dos edificios colindantes.

Se é dun particular o concello debería obrigalo a limpalo, se é do concello que o limpe. Aquilo dá vergoña velo e os veciños están que rabean.

Pola súa parte o alcalde. José Manuel Blanco, non tardou nada de tempo en respostar  a este comentario sinalando

«Esta parcela non é propiedade do Concello. O día 27 de xullo o propietario desta finca recibiu a notificación conforme se lle solicitaba a limpeza da mesma. Estanse a seguir os trámites oficiais».

PD/Os lectores que desexen enviar fotos denuncia, de calquera Concello, poden facelo mandando a gráfica e texto a redaccion.galiciaartabra@gmail.com

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …