Narón acolleu este domingo a terceira edición da festa infantil

naron-fiesta infantil-4-9O Parque fluvial de Freixeiro acolleu este domingo a terceira edición da «Festa infantil Cidade de Narón», organizada pola Concellería de Festas con motivo do remate da tempada estival. Desde as doce deste mediodía decenas de nenos e nenas foron chegando cos seus familiares e amigos para gozar dunha xornada lúdica na localidade. Inchables, un circuito de karts a pedais; touro mecánico: obradoiros de globoflexia, «pompeiros» e maquillaxe –con monitores da empresa La Guagua- e naron-fiesta infantil-inchablescamas elásticas formaron parte das actividades desenvolvidas esta mañá e que continúan ata última hora da tarde. Sen dúbida un dos maiores atractivos para os máis novos foron os inchables acuáticos, de diferentes tamaños según as idades, e nos que os asistentes teñen que gardar pacientemente cola a determinadas horas para poder subirse, debido á excelente aceptación que rexistran.

A concelleira de Festas, Mar Gómez, asegurou que a convocatoria foi todo un éxito. «Desde que comezou a festa, ás doce, ao Parque fluvial de Freixeiro chegaron moitas persoas dispostas a pasar un bo día. O tempo acompañou e desde o Concello estamos moi satisfeitos coa resposta da veciñanza que  participou neste evento festivo, agradecento especialmente a gran implicación dos familiares dos nenos e nenas que estiveron na festa» indicou a edil.

naron-fiesta infanti-1No evento non faltaron unha xinkana de habilidades ás 12.00, cun circuito de obstáculos a superar cunhas «gafas idiotizadoras», que distorsionan a visión, e o musical «Lúa en Vila dos Libros», a partir das 13.00 horas, actividades estas dúas que tamén congregaron a numeroso público. Xa pola tarde retomouse a festa a partir das 16.00 horas, coas atraccións instaladas para a ocasión, cun «CantaeBaila», no que non faltou música da Guagua e tradicional galega e coa actuación do Paiaso Popin a partir das 18.00. A esperada Festa da espuma e da auga, que comezou ás 19.00 horas, puso o broche de ouro, como en anteriores edicións, a esta convocatoria. Todas as actividades, así como as atraccións, foron de balde.

Lea también

La Xunta licita por 1,6 millones las obras para convertir una entreplanta en Narón en 14 viviendas públicas

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ha dado un paso para ampliar el …