O Concello de Cabanas e a Xunta asinan un convenio para o acondicionamento de camiños

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, asinaron a pasada semana na Coruña o convenio de colaboración para a execución de traballos de arranxo e acondicionamento dos camiños municipais da Costa, Chamoso, As Modias e o vial de servizo en Fontenova.

As actuacións, orzamentadas en 51.867,38 euros, as financiará íntegramente o departamento autonómico ó abeiro do Plan de Emerxencias, despois de dar o visto bo ós proxectos presentados polo Concello de Cabanas.

As obras incluirán a limpeza de cunetas e pasos en ambas marxes das vías, preparación da superficie e rebacheos parciais, así como a súa posterior pavimentación.

Lea también

Mugardos refuerza los servicios sociales tramitando la cobertura de una plaza para el SAF

El Concello de Mugardos continúa trabajando en la mejora de los servicios de atención social …