Participación convocará Foros Cívicos da Mocidade e da Terceira Idade

O concelleiro de Participación Cidadá de Ferrol, Álvaro Montes, presidiu a reunión da Comisión de Participación celebrada esta mañá no Concello, na que presentou a folla de ruta dos vindeiros meses nos que se traballará co obxectivo de fomentar a participación entre os veciños, para «garantir a participación cidadá efectiva achegándoa á cidadanía co fin unha participación o máis plural posible na que teñan cabida todas a voces», manifestou o edil.

Entre as propostas presentadas esta mañá figurou a presentación do Foro Cívico da Mocidade e do Foro cívico da tercera idade.

No tocante ao Foro Cívico da Mocidade as reunións comezarán en setembro. Desenvolveranse nos centros de mocidade, dirixidos a maiores de 16 anos, tendo posteriormente lugar o acto plenario no Teatro Jofre.

Ademais, arrincarán tamén en setembro unha rolda de Asembleas de barrio temáticas arredor do tema do transporte, nas que aqueles veciños que desexen participar poidan aportar achegas que posibiliten a mellora da mobilidade dos barrios, a calidade de vida e as comunicacións en Ferrol tanto no ámbito urbano como no rural. Haberá tamén un traballo específico para renovar as asembleas de Doniños, Caranza, A Magdalena e Catabois.

Álvaro Montes destacou así mesmo que «está prevista a convocatoria do Consello da veciñanza cara final de ano, do que formarán parte, ademais dos grupos municipais, dous representantes de cada asemblea de barrio, un representante de cada Consello sectorial e un representante de cada un dos foros cívicos en funcionamento», sinalou.

Lea también

MIRALLAS presenta no CIRS de Cervás, Ares «elas pintan moito» no marco do 25N

Este sábado día 23, o grupo MIGALLAS porá en escea o espectáculo “ELAS PINTAN MOITO”; …