Xa está operativa a oficina de turismo en Freixeiro, Narón

naron-oficina de turismoA Oficina de Turismo de Narón, localizada no Parque do Río Freixeiro, abriu na mañá deste venres as súas portas. A edil da área, Natalia Hermida, explicou que as instalacións permanecerán operativas ata o vindeiro 31 de agosto de luns a sábado, e pecharán os domingos, ao igual que se fixo en anos anteriores.

Natalia hermida-1-7«O Concello de Narón disporá un ano máis dun punto informativo en materia de Turismo no que se atenderá a cantas persoas requiran información tanto sobre o noso municipio como doutros da comarca, para que poidan gozar do noso patrimonio e dos eventos que se celebren na zona durante a tempada de verán», subliñou Hermida.

O horario de atención ao público da Oficina de Turismo será de 11.00 a 13.00 e de 19.00 a 21.00 de luns a venres, abrindo os sábados e días festivos desde as 10.00 ata as 14.00 horas. Unha guía de Información e Asesoramento Turístico encargarase de atender ás persoas que se acheguen ás instalacións.

Os veciños e visitantes poderán recibir información institucional do Concello de Narón e doutros concellos da comarca a través de varios dípticos e folletos informativos. Elementos patrimoniais, praias, actividades festivas e culturais ou deportivas forman parte do material que se dará a coñecer nos vindeiros meses desde a Oficina de Turismo de Narón, tal e como indicou Natalia Hermida.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …

2 comentarios

  1. tanto presumir que somos una ciudad y no tenemos una oficina de turismo decente , una caseta de madera con cuatro folletos y abierta 2 meses , en ferrol que tanto criticamos tienen dos pedazo de oficinas contando la nueva del muelle y una tercera la de la xunta

  2. Ahora ya solo nos falta algo que ofrecer en la caseta esa…