O Concello de Narón colocará mañá unha bandeira conmemorando o Día Nacional do Celíaco

O Concello de Narón conmemorará mañá venres o Día Nacional do Celíaco colocando unha bandeira co logo desa xornada na porta principal do Consistorio. Así o anunciou a edil de Acción Social, Catalina García, que recordou que o acto «responde a unha petición formulada a través da Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) e impulsada pola Federación de Asociacións de Celíacos de España, que se pretende levar a cabo en todos os Concellos españois e á que xa se sumaron outros municipios de Ferrol e comarca».

A edil naronesa explicou que con este acto, desde o Consistorio naronés se pretende «dar maior visibilidade a esta enfermidade, un dos obxectivos que persegue a asociación, desde donde se ofrece tamén información dos síntomas para contribuír á pronta diagnose e á normalización da vida diaria das persoas celíacas».

Lea también

Narón pon rumbo ao Nadal cunha programación chea de actividades

Narón xa respira ambiente de Nadal que irá estendéndose cunha programación pensada para converter as …