A orquestra galega de música folk contemporánea SonDeSeu actuará este sábado 14 no Pazo da Cultura, onde os integrantes da formación interpretarán un amplo repertorio con temas de música popular de Galicia. Este espectáculo musical ten unha duración de aproximadamente unha hora e media e diríxese a todo tipo de públicos. A actuación comezará ás 20 horas e as entradas poden adquirirse xa na taquilla do Pazo a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para os abonados.
SonDeSeu conta xa con tres publicacións discográficas –a primeira do ano 2004- e numerosos recoñecementos a nivel nacional e internacional. Os concertos desta formación apostan por recuperar o patrimonio oral, ao tempo que o integran na modernidade, facendo ademais que o público asuma un papel activo durante os seus espectáculos.
No Pazo da Cultura presentarán este sábado o seu novo traballo, con temas tradicionais adaptados e outros compostos polos seus integrantes.