Miguel Anjo González García
Conta Noam Chomsky num dos seus libros que, unha vez a un presidente dos EUA preguntou se lle sobre a corrupción em dito país, ao que este respondeu , que era lóxico que nunha caixa de mazás houbera sempre algunha podre máis, pra Chomsky como pra outros intelectuais e moitos de nos o problema esta na caixa xa que, é esta a que bota a perder as mazás
Comenzo con esta reflexión de Chomsky polo que estamos a vivir coa corrupción que está a salpicar ao estado espanhol sendo isto, máis escandaloso no que está a suceder no seo Partido Popular. Um Partido Popular que nom se salva de ter algún dos seus membros imputados ali onde goberna: Operación Púnica, Pokemon, Gürtel, Sobresoldos(o cal afecta ao proprio presidente do estado), a recente operación Taula incluso o caso Noos onde, tambén há xente de dito partido involucrada, por nom falar, das relacións do presidente galego o Sr Nuñez Feixoo e algún dos membros do seu governo, cos principais capos do narcotráfico, aquí na Galiza
Máis o que realmente é preocupante é a recente operación Taula em terras de Valencia. Unha trama de corrupción onde se lavaron centos de milleiros de Euros (sería bo que os xuíces, garda civil, xunto coa policía nacional investigaran de onde saio ata o último euro do diñeiro sucio)a cal contaba coa colaboración dos afiliados do partido, os cales, daban mil euros de doazón e o PP se os reembolsaba em sucio. Algo que nom devía pasar desapercibido pra os psicólogos sociais e sociólogos xa que ven a dizer o dano que está a fazer a corrupción no povo e tambén como se comporta certa parte da militancia do PP .Unha parte que son auténticos hooligans para os cales todo o que fai o seu partido esta ben, vai a misa, como soen dizer eles: incluso o ilegal. Seguramente a maior parte do povo de Valencia é xente honesta incluídos, a maioría dos votantes do PP máis é certo que nos países onde a clase política dominante e o poder é corrupto, o povo ten a imitar esta conduta ao seu nivel.
Dizen os que están ao lado do presidente do estado espanhol o Sr Raxoi, que este cando soubo o de Valencia, respondeu que <non se pasa nin unha máis>. Algo que chega tarde, mal e arrastro. Parece que pra que o presidente Raxoi reaccione, ten que haver máis de mil douscentos implicados em tramas de corrupción em todo o estado, nas filas do PP.
Nom é que Espanha sexa diferente en temas de corrupción de outros estados da nossa contorna. E indudável que a súa tradición católica vinculada a igrexa de Roma favorece este tipo de condutas ,este tipo de raposadas; miremos Italia, máis é certo que a corrupción existe em todos os países incluso em aqueles que están nos primeiros postos de países menos corruptos, como por exemplo Dinamarca. O que pasa é que a corrupción volvese máis sofisticada, máis sutil nas nacións onde há un maior control e transparencia do público No é unha cuestión de pobres o ricos, de nórdicos o latinos. O problema está na caixa como ben di Chomsky ;o problema está no sistema
Tambén há que dizer que o estado Espanhol é unha <democracia nova> (o ponho entre aspas pola lei mordaza, pola lei pola cal nom se poderá opinar da coroa nas redes sociais a partir do un de xulio, pola falta de liberdade pra que os distintos povos deste estado elixan a súa andaina de un xeito democrático , , polo castigo a Arnaldo Otegui por apostar pola paz e aos seus outros catro companheiros, por defenestrar a xuíces por investigar o franquismo o mandar a prisión a banqueiros corruptos e un longo ect…) que ademais creou unha configuración do estado onde o poder lexislativo , executivo e xudicial nom son independentes como, tampouco há unha independencia real dos meios de comunicación, sendo estas coisas fundamentais pra que un país sexa transparente.
É indudável que o estado espanhol ten que avanzar e madurar a súa <democracia> e crear os mecanismos axeitados pra combater, castigar severamente e eliminar este tipo de condutas propiciadas na súa maior parte por tramas montadas pola oligarquía castelá (miremos onde está o orixe dos casos de corrupción na Galiza) mais sobre todo é fundamental se queremos ter unha sociedade máis sa num futuro próximo, empezar a educar em valores aos nossos nenos e nenas ademais de ir buscando um cambio de sistema.