Narón nomeará ao artista Manuel Patinha como Fillo Adoptivo da cidade

A corporación local de Narón aprobará mañá no pleno de finais de mes por unanimidade –tralo respaldo de todos os grupos políticos da Xunta de Portavoces- o nomeamento de Manuel da Silva Marqués de Patinha (Póvoa de Santa Iria, Portugal, 1949) como Fillo Adoptivo de Narón, localidade na que reside desde hai varios anos.

O rexedor local, José Manuel Blanco, destacou o traballo deste artista portuxés e subliñou que será a primeira persoa trala Democracia en recibir esta distinción no Concello, en cuxas instalacións, así como noutras dependencias municipais e espazos públicos, se poden ver varias obras escultóricas, pictóricas e gravados deste recoñecido artista.

Patinha cedeu ao Concello naronés no ano 2011 unha escultura que actualmente se localiza na praza de Fernando Yáñez, Avelinda, de case dous metros de altura, realizada en aceiro inoxidable reforzado. En espazos públicos de Narón están tamén as esculturas Anduriña (2011), na praza da Gándara; Evolución (2010), na Casa do Concello; A persistencia, no auditorio municipal e Monumento a Álvaro Paradela, en Piñeiros.

O artista portuxés casou a finais da década dos setenta cunha naronesa, establecendo a súa residencia no barrio da Gándara inicialmente e uns anos despois na Faísca. A súa obra é recoñecida a nivel nacional e internacional, onde se organizaron diversas exposicións. A súa formación autodidacta fíxoo ademais merecedor de recoñecidos premios ao longo da súa traxectoria profesional.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …