Alumnos do colexio Ponte de Xuvia visitaron o Concello de Narón

visita concello naron 19-4

Un total de vinte e dous nenos de cinco anos do colexio Ponte de Xuvia desprazáronse esta mañá ata o Concello. Ás 10:30 horas foron recibidos polo alcalde, José Manuel Blanco, que conversou animadamente con eles no salón de plenso antes de entregarlles uns agasallos en recordo da súa visita.

O rexedor local respostou ás preguntas que lle formularon os menores, que acudiron acompañados por mestres do centro. Os nenos e nenas sentáronse no salón de plenos, nos espazos que habitualmente ocupan os concelleiros e concelleiras da corporación local durante os plenos e viron un video no que se explicaban varios asuntos relacionados coa administración local e sobre algunhas instalacións municipais.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …