O BNG esixe ao goberno ferrolán recuperar os montes do Chá para os seus veciños

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol demandou no día de hoxe ao alcalde da cidade que «axilice e deixe de dilatar o proceso para a elaboración dos informes xurídicos aos que este goberno se comprometeu coa comunidade dos montes do Chá a elaborar a finais do ano pasado».

Os nacionalistas aseguraron que «despois de 8 meses non se ten avanzado nada nesta cuestión, e para o BNG é fundamental que se empece a dar algun paso de cara a recuperación destes montes por parte dos seus lexítimos propietarios que son os veciños e veciñas de Brión e Doniños».

O BNG considera que desde o goberno de Suárez «non se está a actuar coa suficiente dilixencia de cara a avanzar o expediente que posibilite a devolución dos Montes de Chá aos veciños e veciñas para uso en mancomún». É por iso que o BNG anuncia que ten previsto abordar esta cuestión na vindeira reunión da Comisión de Facenda e Patrimonio, prevista para o mércores 22 de marzo, para esixir do goberno local un compromiso firme para posibilitar a execición do acordo plenario do mes de xullo do ano pasado «no que este Concello recoñecía oficialmente que os montes do cha son dos veciños e veciñas».

O BNG demanda ademais que «sendo o Concello o titular destes montes, que asuma a súa responsabilidade e comece a controlar e impedir que se continue a facer por parte de particulares un aproveiramento de madeira que existe nestas propiedades sen que o actual goberno faga nada para evitalo».

Lea también

Ferrol está viviendo un ilusionante momento en la Feria de empresas Festalent

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, inauguró este jueves la feria de empresas …