Ánxel Rial, novo responsábel local do BNG de Narón

bng logoA asemblea aberta de Narón elixiu este xoves por unanimidade a lista encabezada por Ánxel Rial para o Consello Local, cumprindo así os prazos estabelecidos na XV Asemblea Nacional do Bloque Nacionalista Galego para a renovación dos órganos internos da fronte en todas as localidades e comarcas do país.

Deste xeito, Rial asume o posto de responsábel local da organización até a seguinte Asemblea Nacional que, tal e como se acordou o pasado 28 de febreiro na Coruña, terá lugar nun prazo máximo dun ano. Cobre ademais o baleiro existente desde marzo de 2015 após a dimisión do anterior responsábel local.

Ánxel Rial encabeza un Consello Local de Narón que reduce o seu número de membros a respecto do anterior (queda en sete persoas) e que está integrado tamén por Marcos Sánchez (vice-responsábel), Lidia Romero, Teresa Sabio, Pablo Villamar, Eva Guerrero e Xosé Fandiño

Lea también

O pleno de Ferrol aproba a conta xeral do 2025, que eleva o patrimonio neto do concello ata os 161 millóns

A execución orzamentaria supera os 39 millóns de euros no primeiro semestre de 2026, con …