Alumnos do Santiago Apóstol plantaron 32 árbores na praza Clara Campoamor

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, xunto cos edís do grupo de goberno, entre eles os de Servizos, Urbanismo e Cultura, Ibán Santalla, Manuel Ramos e Marián Ferreiro, respectivamente, asistiron esta mañá á plantación de árbores que anualmente promove no municipio o Grupo Masaveu, propietario da Fábrica de Cemento de Narón.

Ao acto, que tivo lugar na plaza Clara Campoamor, na Gándara, acudiron tamén representantes da empresa, entre eles o responsable de Relacións Institucionais e Comunicación, Javier Camino; o director da fábrica do grupo no municipio, Carlos Hugo Huerta, e profesorado e alumnado do colexio Santiago Apóstol. Un grupo de cincuenta rapaces de sexto curso de Primaria encargouse de plantar as árbores, un total de 32 especies de cereixos de flor, pereiras, algarrobos e ciroleiras de xardín, entre outros, todos eles dunha altura aproximada de dous metros.

A actividade responde a unha campaña de sensibilización medioambiental que desde hai varios anos impulsa na localidade a Corporación Masaveu. Escolares do citado centro naronés, axudados polo rexedor local e por edís da corporación e representantes da empresa, plantaron as árbores e puxéronlles unha cinta co seu nome e curso, deixando así constancia do traballo realizado. Os estudiantes do colexio Santiago Apóstol plantaron xa en anos anteriores outras especies arbóreas nesta zona verde do Concello, concretamente o ano pasado un total de 25 especies de acacias, maciñeiras e algarrobos. As plantacións levábanse inicialmente a cabo nos terreos do exterior da fábrica da compañía, pero a falta de máis espazo para continuar realizando esta actividade nesa zona levou aos seus impulsores a buscar co concello unha ubicación alternativa, que nos últimos anos foi a praza Clara Campoamor.

O Concello realizou a finais do pasado ano un investimento de case 10.000 euros nesta zona verde, que se ampliou en algo máis de 2.000 metros cadrados e onde se plantaron varias especies ornamentais.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …