O BNG responde á Xunta de Confrarías sobre o escaso uso da língua galega na Semana Santa

Dende o Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, ao fío das declaracións da Xunta Xeral de Confrarías de Semana Santa ao respecto do seu último comunicado, sobre o escaso uso da língua galega neste evento, indicaron que «tal e como se recolle na última clausula do Convenio entre esta entidade e o Concello de Ferrol, as difusións relativas ao obxecto deste conevio deberán facerse en galego».

«En calquera caso,  en cumprimento da ordenanza de Normalización Lingüistica deste Concello no artigo 2.3, recóllese a obriga do Concello de Ferrol de velar polo cumprimento desta ordenanza a nivel interno e nas actividades nas que participe, incluídos os convenios. Desde o BNG o único que estamos a facer e cumprir coa nosa obriga».

Lea también

La oposición denuncia incidencias en el transporte en bus en Ferrol y la Xunta pone el foco en el servicio de trenes

El BNG y el PSdeG han preguntado a la directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, …