Tellado sinala que a reducción de liberados sindicais e asesores supón un 40% e aforro a autonomía

O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, salientou esta mañá que «a día de hoxe hai case a metade de altos cargos dos que había cando gobernaba o bipartito», e que ademais «o aforro derivado da ampla redución de liberados sindicais e asesores feita polo Goberno galego supón un 40 por cento de aforro á autonomía».

Tellado ademais asegurou que «con motivo da apertura esta semana do Portal de Transparencia e Goberno Aberto fíxose público numeroso contido inédito, que é a primeira vez que se fai de acceso público na historia da comunidade, ademais de facilitarase un acceso sinxelo e directo a contido que antes se publicaba pero estaba disperso».

Nese sentido, Tellado sinalou que «é preciso recordar que a Xunta conta con 103 altos cargos, aos que se suman os xefes de gabinete e de prensa, ata facer un total de 123, sendo este número practicamente un 40 por cento menos do que había co Goberno bipartito, cando se superaban os 200 cargos».

Así mesmo, matizou que os contratos de alta dirección «non son altos cargos, senón persoal que  en ocasións nin sequera forma parte da Xunta, como traballadores da CRTVG ou a presidenta do Consello Económico e Social e que, aínda así, a Xunta os inclúe no seu Portal». Deste xeito, tamén aproveitou para destacar que «por primeira vez se leva a cabo un exercicio de transparencia e se coñecen estes contratos e o seu custe pois, antes había moitos máis e nin tan sequera os podíamos coñecer».

O portavoz tamén salientou que os asesores supoñen hoxe a metade do gasto dos liberados sindicais polo que invita a evitar a demagoxia á hora de abordar este tipo de cuestións. Segundo o voceiro «mostra desa redución levada a cabo polo Goberno da Xunta é que, na actualidade, o custe do persoal de libre designación é de 4,73 millóns de euros mentres o dos liberados ascende aos 10,7 millóns». No tocante ao persoal eventual, nos que se inclúen os que popularmente se coñecen como asesores, «compróbase unha redución do 35 por cento no seu custe».  Así mesmo, Tellado recorda que a partida para este persoal en 2008 elevábase ata os 7,62 millóns.

No caso dos liberados sindicais, con 832 traballadores recoñecidos a día de hoxe, Tellado lembrou que «se ben no 2011 se levou a cabo unha redución de 120 representantes que supuxeron un aforro de catro millóns de euros, dous anos máis tarde sumóuselle outro recorte de 200 liberados máis. Nesa ocasión, o aforro foi de cinco millóns de euros. En total, neste capítulo na administración xeral houbo unha redución do 40 por cento nos últimos sete anos».

Deste xeito, o portavoz non só pon de manifesto o aforro acometido nestes eidos desde a entrada do PPdeG na Xunta, senón que celebra que este tipo de medidas «permitan aos cidadáns contar cun Goberno máis aberto, accesible e controlado por todos os galegos e galegas».

Lea también

La borrasca Caetano obliga a activar alertas nivel naranja y amarillo por vientos y lluvias en Galicia este jueves

Además, MeteoGalicia informa de varios avisos nivel amarillo por lluvias acumuladas puntualmente superiores a los …