A Xunta investirá no saneamento das augas residuais de Lavandeira, en Cabanas

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, investirá máis de 236.000 euros no saneamento e depuración das augas residuais de Lavandeira, no concello de Cabanas. Os traballos licitaranse nos próximos meses.

Así o acordaron hoxe a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde do concello, Germán Castrillón, durante unha reunión de traballo que tivo lugar en Santiago e na que abordaron diversos temas de interese para a localidade.

Lea también

Fene avanza na limpeza dos ríos urbanos e reforza a prevención ante a temporada de choivas

Os traballos actuaron sobre o río Cádavo ao seu paso por Fene e Perlío e …