Eliximos Narón pide a inclusión dun Debate sobre o Estado do Concello

naron-pleno-31-13Eliximos Narón pide a inclusión dun Debate sobre o Estado do Concello no novo
Regulamento Municipal e un límite razoable de mocións por Pleno.

Eliximo Narón sinala que «dende o comezo da lexislatura estamos a ver un Goberno municipal sen unha clara liña de acción, carente de plans e programacións, mentres que é frecuente a improvisación.

Creemos que tanto o actual tripartito coma futuros gobernos deben facer fronte a un Debate sobre o
Estado do Concello no que expoñan, tanto ao Pleno coma a toda a cidadanía, cal é a súa visión da
situación do Concello e cal foi o grado de cumprimento dos seus plans e promesas do anterior ano,
para logo falar das súas liñas mestras de acción para o resto da lexislatura e as actuacións proxectadas para o seguinte ano.O debate levaríase a cabo todos os anos da lexislatura a excepción do ano de eleccións.

Por outro lado, o recorte previsto polo Goberno que nos limita a unha sola moción por pleno (ao ser dúas para o Grupo Mixto) recorta de forma inxustificada a nosa labor de oposición deixándoa case reducida a de fiscalizar a súas actuacións sen poder propoñer alternativas e melloras para o Concello.

Está claro que esta é unha actuación mais do tripartito de TEGA-BNG-PSOE para anular á oposición».

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

2 comentarios

  1. ¿Debate? Jajajaja, estos aún no se enteran…

  2. cando se enterara a xente de que en naron non hai debates nin dialogos nin nada de democracia , naron o concello menos transparente e con unha dictadura desde fai moitos anos