Narón acolle a segunda edición do festival «Músicas para a Semente»

O auditorio municipal de narón acollerá este domingo, día 21, a segunda edición do festival Músicas para a Semente, para apoiar o proxecto Semente de Trasancos, que impulsa unha formación educativa centrada nunha escola popular, en galego, e na que primen a convivencia e o contacto coa natureza.

A Asociación Semente de Trasancos organiza esta convocatoria na que colabora o Concello de Narón a través da Concellería de Cultura, que preside a edil Marián Ferreiro. O programa deseñado para a ocasión pola entidade inclúe as actuacións de Guadi Galego, Roberto Cribeiro, Pitusa Semifusa –con Olga Brañas e Andrea Picos- e as cantareiras do CD que se presentará durante o evento: Músicas para a Semente, un disco repleto de cancións tradicionais. A cita será a partir das 18 horas e os asistentes participarán no sorteo dunha lámina con deseños de Gelo Paz.

As entradas teñen un prezo de 10 euros, se ben os nenos menores de 7 anos asistirán de balde. Poden adquirirse na taquilla do auditorio municipal, na praza de Galicia, o propio día do festival ou no Muíño do Fabal (Narón), na Fundación Artabria (Ferrol) e nos establecementos hostaleiros Futbolín e Varadoiro, (ambos en Pontedeume).

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …