Cincuenta nenos dos concellos de Ferrolterra e Ortegal participan na campaña de esquí da Deputación

esqui diputacion 16-2

Medio cento de nenas e nenos dos concellos de Ares, Cariño, Cedeira, Cerdido, A Coruña, Ferrol, Mañón, Moeche, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño participan dende o domingo na estación invernal de Leitariegos (León) na segunda expedición á neve da campaña de esquí 2016 organizada pola Deputación da Coruña.

Ata o vindeiro 19 de febreiro, os rapaces, de entre 10 e 15 anos, terán a oportunidade de iniciarse na práctica do esquí con monitores profesionais e participar en  diversas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario.

En total, 500 escolares coruñeses participarán ata mediados de marzo na Campaña de Esquí 2016, que ten lugar na estación de Leitariegos, ubicada na comarca de Laciana, ao noroeste da provincia de León; unha excepcional paraxe natural reserva da Biosfera que limita co Principado de Asturias e que conta con 10 pistas balizadas de distintos niveis (cinco vermellas, catro azuis e unha verde) e un snowpark, así como unha escola na que se ofrecen clases de esquí e snowboard.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …