Presentado o Plan Marco de mellora de camiños municipais

caminos rurales-2
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presentou na mañá deste luns na Delegación Territorial da Xunta na Coruña o orzamento que o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias deixará na provincia, o cal ascende a máis de 6,2 millóns de euros. A titular de Medio Rural estivo acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, e polo delegado territorial, Diego Calvo.

A conselleira explicou que este Plan inxectará á Administración local unha axuda -cofinanciada nun 75% con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020- para a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso, cando menos, a unha parcela integrante dunha explotación agraria.

Ángeles Vázquez sinalou que a finalidade destas achegas é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais. Para acadar este obxectivo é preciso, engadiu, mellorar as dotacións existentes de infraestruturas básicas e levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e a mellora dos servizos básicos demandados pola poboación rural

REPARTO POR MUNICIPIOS ZONA NORTE

A continuación indícase a cantidade prevista para cada un dos concellos da provincia da zona norte.  Os criterios deste reparto foron consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Ares…………………..44.417.

Cabanas…………….46.896.

Capela,A…………….57.140.

Cariño………………..49.003.

Cedeira……………….73.655.

Fene……………………56.562.

Ferrol………………….52.244.

Mañón…………………60.452.

Miño……………………46.524.

Moeche…………………55.507.

Monfero………………..92.656.

Mugardos………………41.691.

Narón……………………69.457.

Neda……………………..50.738.

Ortigueira……………..129.538.

Pontedeume…………..49.250.

Pontes,As……………….94.915.

San Sadurniño………..85.228.

Somozas,As…………….66.138.

Valdoviño……………….72.624.

Vilarmaior………………51.041.

Lea también

A Deputación da Coruña celebra o Día Mundial do Medio Ambiente con obradoiros inmersivos sobre o mar

A iniciativa busca achegar o medio mariño galego ás aulas dunha maneira atractiva e pedagóxica. …