Vence no mitin central do BNG pide sacar do concello a que non cumpre coa cidade

(Fot. BNG)
(Fot. BNG)

(BNG)-O portavoz nacional, Xavier Vence, puxo Ferrol como exemplo das “nefastas” consecuencias que ten para esta cidade e para o conxunto de Galiza “o feito de que outros, desde Madrid, decidan por nós” sobre sectores estratéxicos do país, como deixan claro as gradas baleiras dos estaleiros de Ferrolterra.

“Ferrol non pode aturar máis o maltrato das políticas do Goberno central”, dixo, ao tempo que animaba a “sacar” do Concello “a quen leva catro anos de mandato sendo cómplice das burlas, dos incumprimentos e do abandono da cidade”.

“O 24 de maio hai que dicirlle ao PP que basta de rirse de Ferrol, e a mellor maneira é votar BNG-Asembleas Abertas, a única garantía de defensa insubornable dos intereses desta cidade, votemos o 24 para darlle forza a quen sempre estivo con Ferrol e non ter que arrepentirnos o 25 de resultados inesperados”, argumentou Vence.

O dirixente nacionalista atreveuse a “adiviñar” a intervención de Feijóo, tamén de mitin na cidade.

“Estará contando a milonga dos supostos contratros asinados por Navantia, porque tomou por costume enganar a Ferrol con promesas de carga de traballo en cada convocatoria electoral, como fixo en 2012 nas autonómicas, en 2014 coas europeas, e agora no medio das eleccións municipais. Que foi dos 14 remolcadores anunciados por Feijóo no Parlamento? Estes anuncios electoralistas son indignos, como indigno é quen os fai enganando aos traballadores”, denunciou.

Por iso, argumentou, Galiza precisa tamén desde os concellos “forzas políticas propias que teñan os pés e a cabeza nesta terra e o corazón con este pobo, que planten cara ás imposicións de Madrid que esnaquizan os nosos sectores produtivos e desmantelan o noso autogoberno”.

Neste sentido, puxo en valor a candidatura que encabeza Iván Rivas como “alternativa para a cidadanía que quere un cambio profundo nas políticas regresivas e neoliberais do PP en Ferrol”, unha cidade que precisa dunha forza como BNG-Asembleas Abertas “que quere construír unha Galiza de futuro desde os concellos”.

O dirixente nacionalista instou a “pasar a páxina negra de gobernos de recortes e corrupción” optando por “gobernos de transformación por todo o país” que representa BNG-Asembleas Abertas, subliñando dúas diferenzas con outras opcións: demostrou que sabe facer esa transformación onde goberna, e presenta unha alternativa para todo o país, non só nun puñado de cidades.

Vence insistiu no “dobre valor” do voto BNG-Asembleas Aberta, para derrotar ao PP e para construír país desde os concellos- que, dixo, “entende perfectamente” o electorado que xa ten dado o seu apoio ao proxecto nacionalista.

 

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …

Un comentario

  1. Antía Fernández

    Ni si quiera consiguieron llenar el Carballo Calero. El BNG, en peligro de extinción, y si no me creen, hablamos el 25.