O BNG reivindica a recuperación de Ferrol Vello e homenaxea a Carvalho Calero

(Fot. Miguel Anjo González)
(Fot. Miguel Anjo González)

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolveu na mañá deste sábado, día 21, un acto que baixo o lema de: «Ferrol Vello: o Ferrol orixinario, galego e universal» quixo reivindicar a recuperación deste barrio e no que fixo unha chamada a enfrontar a actual situación de abandono do mesmo mediante un novo goberno municipal que se identifique coa súa propia cidade e que «recupere a nosa propia autoestima baseándose no noso patrimonio, na nosa realidade arquitectónica e na nosa realidade Cultural», sinalou Ivan Rivas, candidato a alcaldía de Ferrol polo BNG.

Iván Rivas percorreu o barrio, xunto cun grupo  de persoas perteñecentes ao BNG, entre elas Francisco Rodríguez e Xulio Rodríguez, responsable  local e número 3 na candidatura do Bloque, e Elia Rico presidenta da asociación Medulio, i colocando flores nas vivendas abandonadas ou en ruinas como símbplo do novo agromar que o BNG quere para este barrio e para Ferrol. Indicou que «é fundamental que recuperemos a memoria do noso pasado para construir o noso futuro, porque un pobo que non se expresa é un pobo que non existe e nós temos dúas opcións ou nos identificamos con aquelo que somos para poder enfrontar a noso futuro ou ben esquecemos todo aquelo somos e imitamos aquelo que nos ven dado de fora menténdonos nunha expiral que non ten máis saída que o deserto».

«O BNG quere formar un goberno municipal que se identifique coa súa propia cidade coa recuperación da nosa autoestima baseandose no noso patrimonio e na nosa realidade arquitectónica, tanto aquela que ten un carácter singular como o seu tecido mais homoxeneo onde o barrio de Ferrol Vello é un exemplo paradigmático. O BNG cre que é necesario desenvolver un investimento público naquelas propiedades que teñen ese carácter, que fomente a rehabilitación dos propietarios privados mediante subvencións e mediante ordenanzas fiscais que promovan estes procesos, unha política que pase por subvencionar as inspeccións técnicas de edificios e unha política cultural que se base no desenvolvimento dun tecido cultural denso dun tecido cultural complexo e dun tecido cultural rico que existe na nosa cidade, que está totalmente abandonado e que debe ser a base para un desenvolvemento cultural que complemente o noso desenvolvimento urbanístico e o noso desenvolvemento arquitectónico. É fundamental que recuperemos a memoria do noso pasado para construir o noso futuro porque un pobo que non se expresa é un pobo que non existe».

(Fot. Miguel Anjo González)
(Fot. Miguel Anjo González)

ANTE A CASA DE RICARDO CARVALHO CALERO

O grupo de manifestantes, que sairon de marcha dende a oficiña de turismo no peirao ferrolán ata a rúa San Francisco concentrouse aos pés do que foi a casa natal de Carvalho Calero, alí Iván Rivas destacou «que levamos soportando catro anos dun goberno local acomplexado, dun alcalde que é incapaz de facer uso da súa propia lingua e de negar a súa propia existencia; empeñado en borrar a nosa memoia mediante unha política cultural, desenvolvida estes catro anos, rancia que marxina e subordina a propia cultura galega e nos someteu à da centralidade con expresións artísticas que desde o estado se nos impoñen, aínda que alí xa estan denostadas». Lembrou que «tivemos que asumir expresións artísticas como a de Bertín Osborne, as galas dos anos 80, ou que para celebrar o día da Patria Galega tiveramos que aturar a David Bisbal, mentres expresións culturais galegas con recoñecimento fora do propio país foron marxinadas ao longo de todo o mandato».

«Esta política se completou ao mesmo tempo desenvolvendo unha política urbanística centrada en esquecer e en aniquilar todo aquel patrimonio histórico e arquitectónico e urbanístico que existe na nosa cidade recorrendo á demolición como elemento fulcral desenvolvido por este goberno municipal. A casa de Carvalho Calero é un exemplo evidente desta dinámica e este barrio é un exemplo paradigmático de todo isto, cando se ten demolida a fábrica de lápices, a casa de Carvalho Calero está nun estado lamentábel». Rivas rematou censurando o esquecemento ao que se ten sometido a Carvalho Calero ou a Benito Vicetto.

Todos os asistentes cantaron, como remate, o Himno de Galicia.

Lea también

Psoe Ferrol urxe a reparación e mantenemento dos espazos culturais

A concelleira socialista Montserrat Dopico insta ao goberno de Rey Varela «a acometer as obras …