O GM socialista denuncia a convalidación de facturas no Concello

concello ferrol-12O Grupo Municipal Socialista ven a denunciar que o goberno local sobrepasou xa os 4 millóns de euros de facturas convalidadas no que vai de ano, mediante un procedemento extraordinario para pagar servizos que carecen do respaldo de contratos públicos.

Os socialistas destacan que «esta é unha práctica que están a levar a cabo os populares dende o inicio do mandato, lembrando ademais que no 2013 se convalidaron máis de 3 millóns de euros mediante este procedemento. Os socialistas, neste senso, veñen a denunciar que na comisión de contas que tivo lugar o día de onte, foron convalidados case medio millón de euros mediante esta fórmula.»

Así, o Grupo Municipal Socialista «ven a criticar unha vez máis o proceso de convalidación de facturas que está a levar a cabo o goberno popular, debido a que unha gran cantidade de servizos que está a prestar a administración local carecen de contrato, e por elo, teñen que ser pagadas mediante este procedemento, cos diferentes reparos da intervención do Concello, nas que se deixa patente que esta forma irregular de proceder, apercibindo ao goberno local en numerosas ocasións.»

Neste senso, os socialistas manifestan «que votaron desfavorablemente a esta proposta do goberno local, motivados polo que veñen continuamente reiterando dende o Grupo Socialista, tanto nas comisións como nos plenos municipais. Ademais interesáronse na devandita comisión polo estado de servizos concretos, tales como o da asesoría xurídica, o do mantemento da rede de alumeado público, aparcamento de A Madalena e Centro Comercial de Porta Nova, e Aula de Ecoloxía, todos eles sen contrato. Lembrando que no relativo á Aula de Ecoloxía Urbana rematou o 30 de agosto, e que o goberno local debía ter aproveitado a prórroga do mesmo para sacar o servizo a contratación de novo, cousa que non fixo».

Para os socialistas, «o equipo de goberno segue realizando mes a mes esta práctica, levando a xuntas de goberno local, a comisións informativas de contas e plenos, esta convalidación de facturas, que o Grupo Socialista entende que “debería ser unha figura excepcional que so debe empregarse para evitar situacións extraordinarias, e que en ningún caso pode supoñer o pago habitual de facturas relativas a servizos que teñen que estar contratados, e é o motivo polo que votaron en contra nas devanditas comisións, e así o están a facer nos plenos do Concello de Ferrol.”

Para concluír, o Grupo Municipal Socialista reitera «a súa denuncia polo sistemático incumprimento da lei de contratos do goberno local, e ven a apercibir ao goberno local urxíndoo a sacar a contratación pública estes servizos, algúns deles duns importes considerables.»

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …