O BNG apoia a mobilización de veciños de Loureiro e O Casquido

puente peatonal santa marinaO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol quere expresar- mediante un comunicado- que «volverá a amosar o seu apoio á mobilización convocada polos veciños e veciñas de Santa mariña, para mañá sábado, ás 11 horas, co obxectivo de denunciar os continuos problemas que sofren os veciños do lugar do Loureiro e O Casquido polos escorrementos de terra para a vía de FEVE e o deficiente estado das barandillas e escaleiras da pasarela peonil sobre as vías e pedindo melloras para a rúa Cardosas.»

O BNG considera que o Goberno Local é o responsábel da situación de abandono da zona e da pasarela peonil sobre as vías do ferrocarril e considera que resulta incomprensíbel a negativa a executar o proxecto que ten elaborado para a mellora desta infraestrutura e que ademais conta co visto bon de ADIF.

O BNG lembra que «o colectivo veciñal de Santa Mariña ven reclamando do goberno municipal que proceda a actuar con urxencia nas zonas de Santa Mariña máis deterioradas. Así mesmo existen zonas do barrio cuxo estado actúal é bastante perigoso, como o caso do lugar dos loureiros, xa que en moitos tramos o firme comezou a ceder e mesmo existen riscos de desprendementos de terra no talude paralelo á vía do ferrocarril.»

O BNG quere que se proceda a consolidar esta vía mediante a prolongación do muro de contención existente e que remata, a día de hoxe, na rúa Loureiro e que chegue até a conclusión da rúa Cardosas e que estas obras se acometan de modo inmediato polo que deben concretarse as xestións e actuacións a desenvolver coordenadamente entre o Concello e ADIF.

 

Lea también

El PSOE le pide al alcalde de Ferrol que no reciba las obras de asfaltado por su “execución deficiente”

La obra de mejora del firme realizada en los últimos días en la calle Real …