El Grupo Municipal de Izquierda Unida de Ferrol ha hecho llegar un comunicado concerniente a la ordenanza reguladora de tráfico, emprendida recientemente por el gobierno local, al considerar que existen dificultades al tratar y debatir con tiempo suficiente la toma en consideración las propuesta que presentada.
«Ao igual que a semana pasada , na correspondente comisión de urbanismo, Esquerda Unida pediu explicacións pola ordenanza reguladora de tráfico na próxima, que non será esta semana, comezaremos tanto a levar as reivindicacións das entidades e veciñanza que se ven prexudicadas polas decisións do PP como a continuar co xa exposto no pleno a propósito dos contidos aprobados só inicialmente.
O grupo municipal de Esquerda Unida fai súas as demandas das asociación de veciños e comerciantes de Esteiro e Ultramar e volverá de novo ,en preguntas e suxestións porque noutro punto non hai posibilidade, a levar a problemática do tráfico á comisión de urbanismo e seguridade cando o Partido Popular teña a ben convocala. Neste sentido criticamos como grupo a falta de iniciativa do goberno municipal para levar con tempo suficiente para o debate e toma en consideración as propostas que presenta. Como mostra a última sesión: na orde do día só figuraba licenzas e a aprobación inicial da ordenanza de terrazas para ser inmediatamente levada ao pleno ao día seguinte. En “rogos e preguntas” a oposición no seu conxunto plantea dezaoito preguntas (á parte de sete que EU vén incluíndo dende o 30 de maio de 2012 reiteradamente e que algunhas tocan ao seu fin: asfaltado da rúa Herbosa) das que sete son Esquerda Unida:tráfico paradas de autobuses a centros sanitarios e marquesiñas, problemas de saneamento no medio rural, talas de árbores e mantemento etc.
Esta é a tónica común: saturación de demandas veciñais como suxestións da oposición ante a imposibilidade de que o asociacionismo canalice as súas demandas polas institucións participadas. Por iso aínda non sabemos nada do prometido novo plan especial para Ferrol Vello por iso non son quen de convocar asembleas de barrios para que os veciños poidan libremente expresar as súas demandas e opinións sobre a zonal azul ou a ordenación tráfico, por iso non son quen de convocar ao consello da veciñanza e ,dotándoo dun regulamento interno, facelo partícipe da toma de decisións sobre tráfico, transporte público ou investimento en rexeneración urbana para lograr a recuperación económica e comercial de determinados barrios sumidos no máis absoluto e interesado abandono como estamos a padecer.»