A Casa da Cultura de Fene acollerá durante o mes de decembro unha exposición de fotografías realizadas por Tomás Morado e Juan Sixto.
A mostra, titulada “Sensacións”, está exposta na sala de exposicións da Casa da Cultura (Avda. De Conces, 20-22) e poderá visitarse ata o vindeiro 27 de decembro. Horario de visitas: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. A partir do 20 de decembro, o horario de visitas será de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas (festivos pechados.
“Sensacións” amosa unha colección de trinta fotografías de natureza, animais, deporte e paisaxe, realizadas por Tomás Morado e, a maiores, outras dez, en branco e negro, en formato cadrado e de longa exposición, realizadas por Juan Sixto.
Tomás Morado
Tomás Morado (Ferrol, 1969) é fotógrafo afeccionado. A finais de 2011 mercou a súa primeira cámara réflex e, a comezos de 2012, realizou xa a súa primeira exposición no concello de Neda, onde reside na actualidade. Dende aquela, as súa fotografías puidéronse ver nunha exposición na Asociación de Veciños do Roxal, nunha exposición conxunta do Liceo Europeo de las Artes no Casino Ferrolán e no certame Goisorosoarte 2013 (organizado polo Concello de Oroso), amais de na Casa da Cultura de Valdoviño. Nesta nova exposición, en Fene, Tomás Morado amosará unha trintena de fotografías realizadas en lugares como Neda, Meirás, Irixoa, Presa do Ézaro, Dumbría, ou en Valdoviño.
Juan Sixto
Pola súa parte, Juan Sixto adoita apostar polo estilo minimalista á hora de realizar as súas fotografías. No tempo que leva como fotógrafo afeccionado, realizou dúas exposicións, unha na Casa das Palmeiras de Neda e outra no Centro Cívico de Caranza. A meirande parte dos seus traballos amósanse en webs adicadas á fotografía como Artlimited ,One eyeland y Deviantart.