O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica este xoves, día 14, as bases reguladoras das convocatorias de subvencións do ano 2014 dirixidas aos 93 concellos, a outros organismos locais e ás entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro da provincia.
Dentro destes programas, a Deputación destina más de 12 millóns de euros ao fomento de actividades e investimentos de interese público a través das asociacións, entidades, federacións ou clubs da provincia coruñesa, así coma aos 93 concellos que a conforman.
Este ano, e por segunda vez consecutiva, o trámite de presentación de solicitudes realizarase de xeito telemático a través da web www.dicoruna.es, unha ferramenta coa que se axilizarán prazos e sobre a que a Deputación da Coruña imparte charlas informativas ao longo de toda a provincia durante o mes de novembro.
O prazo para a presentación de solicitudes, que se abrirá mañá venres, é específico para cada convocatoria e poderá consultarse no BOP. Ademais, os interesados tamén poderán coñecer aquí os baremos obxectivos para a concesións das axudas que realizarase en base a concorrencia competitiva.
As diferentes liñas de subvencións convocadas pola Deputación son:
Áréa de Servizos Sociais
o Convocatoria para concellos e entidades locais para o desenvolvemento de Servizos Sociais.
o Convocatoria a concellos e entidades locais para desenvolvemento de políticas de igualdade entre mulleres e homes e de loita contra a violencia de xénero.
o Convocatoria para concellos e outras entidades locais interesadas na realización de programas de envellecemento activo.
o Convocatoria para entidades sen fins de lucro para o mantemento de servizos sociais.
o Convocatoria para entidades sen fins de lucro para o investimento de servizos sociais.
o Convocatoria para entidades sen fins de lucro para mantemento de programas sociosanitarios.
o Convocatoria para entidades sen fins de lucro para mantemento de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero.
o Convocatoria para concellos e entidades locais para creación ou mantemento de servizos lingüísticos.
Área de Promoción Económica
o Convocatoria para concellos e entidades locais para investimentos de promoción económica.
o Convocatoria para concellos e entidades locais para actividades de promoción económica.
o Convocatoria para entidades para investimentos de promoción económica.
o Convocatoria para entidades para actividades de promoción económica.
o Convocatoria de subvencións de agricultura para entidades asociativas agrarias e labregas da provincia para actividades.
o Convocatoria de subvencións de agricultura para entidades asociativas agrarias e labregas da provincia para investimentos.
o Convocatoria de subvencións de fomento pesqueiro dirixido a confrarías de pescadores da provincia para actividades.
o Convocatoria de subvencións de fomento pesqueiro dirixido a confrarías de pescadores da provincia para investimentos.
Área de Deportes
o Convocatoria para concellos e entidades para actividades deportivas.
o Convocatoria para concellos e entidades para a realización de investimentos deportivos.
o Convocatoria para concellos e entidades locais para a contratación de persoal técnico deportivo.
o Convocatoria para entidades deportivas da provincia sen ánimo de lucro para desenvolvemento de eventos deportivos oficiais na provincia.
o Convocatoria para entidades deportivas sen ánimo de lucro para a realización de actividade físico-deportiva non federada.
o Convocatoria para entidades deportivas sen ánimo de lucro para infraestruturas e equipamento.
o Convocatoria a clubs deportivos sen ánimo de lucro con equipos de competición federada para a participación dos equipos federados en competicións deportivas.
o Convocatoria para federacións deportivas galegas para realizar actividades de promoción deportiva e formación de técnicos no ámbito provincial.
Área de Cultura
o Convocatoria para entidades sen fins de lucro para realizar investimentos culturais.
o Convocatoria para entidades sen fins de lucro para realizar actividades culturais.
o Convocatoria para concellos e entidades locais para realizar actividades culturais.
o Convocatoria para concellos e entidades locais para realizar de investimentos culturais.
o Convocatoria para concellos e entidades locais para contratar animadores culturais.