O Grupo Municipal Socialista, a través da concelleira María López, alégrase que, a instancias do Grupo Socialista, o goberno local modificase as bases das axudas as escolas infantís, posibilitando grazas á proposta dos socialistas, que as familias con nenos e nenas con diversidade funcional menores de 3 anos a partires de agora poderán optar ás mesmas.
Lembran que fai unha semana os e as socialistas pedían unha modificación urxente das bases para propiciar que as familias con nenos e nenas con diversidade funcional menores de 3 anos podesen ser beneficiarios das axudas.
Nun comunicado o grupo municipal do PSdG-PSOE sinala que «Ao respecto das devanditas becas, a concelleira socialista denuncia que o alcalde prometía unha partida de 100.000 euros para estas subvencións, pero a día de hoxe o gasto estimado é menor de 3.000 €, polo que ao final de ano calculan que case toda a partida quedará sen executar. A concelleira socialista critica así que o alcalde anuncia medidas de conciliación cara á galería, sen ningunha eficacia real.
Por elo, María López manifesta que se o alcalde realmente quere que estas medidas cheguen ás persoas, e ás familias debería ampliar a devandita medida para incluír ás familias con nenos e nenas menores de 3 anos – lembran que as bases recollen so aos nenos nacidos neste ano 2013, e agora menores de 3 anos con diversidade funcional- , priorizando a aquelas con menos ingresos económicos, co obxectivo de favorecer realmente a conciliación laboral e familiar. Así, unha vez máis os socialistas pídenlle ao alcalde sensibilidade para facer efectivas e reais as medidas de conciliación, entendendo que non debería haber ningún problema xa que a partida é máis de sobra.
Para concluír, lembran que esta non é a primeira mostra do alcalde vendendo fume. En políticas de benestar social, outro exemplo máis de expectativas que logo non se fan realidade é a ampliación da partida adicada ao servizo de axuda no fogar. Ao mesmo tempo o goberno local aumentou ao dobre o custo a pagar polas persoas dependentes usuarias, o que provocou unha redución do número de solicitudes para este servizo, por non poder pagalo. Por tanto, unha boa parte desta partida, unha vez máis, quedará sen executar».