A coordinadora comarcal do PSdG-PSOE denuncia o “trato de favor” da Xunta de Galicia no proceso de adxudicación dos obradoiros de emprego

psoe-logoO PSdG de Ferrolterra enviou una nota informativa na que se indica que « A coordinadora comarcal socialista, Victoria Gómez, convocou a todas as agrupacións socialistas da zona para analizar a dramática situación na que se atopa Ferrolterra cos Gobernos do Partido Popular. Como asegurou, esta comarca é unha das máis castigadas de toda Galicia e incluso de todo o Estado, tal e como o acredita a súa taxa de paro, que xa chega o 34% da poboación.

 Na xuntanza, celebrada nesta ocasión en As Pontes, abordáronse os Presupostos Xerais do Estado para 2014 e o seu máis que negativo impacto nos municipios do entorno. Malia a achega efectuada por parte das diferentes agrupacións locais, a Comarcal elaborou unha emenda xenérica sobre as necesidades da comarca que non son abordadas e atendidas polo Goberno central no documento económico do vindeiro ano.»

Obradoiros de emprego

«Outro dos temas abordados– sinalan no comunicado- foi a adxudicación por parte da Xunta de Galicia dos obradoiros de emprego. A este respecto, Gómez informou de que dun total de 32 concellos beneficiados por ditos obradoiros, 26 outorgáronse a concellos gobernados polo PP e unicamente a tres con alcalde socialista. Para a coordinadora comarcal, “isto supón un claro exemplo das políticas que están a desenvolver os populares, no que o que importa é a cor política que teñas”. “Estas adxudicacións incumplen moitos trámites que se requiren para pedilos, como que se lle dea tres anos consecutivos ao mesmo concello, como se fixo, ou que, unha vez adxudicados, non se realice un seguemento dos traballos que se propoñen”, manifestou a responsable do PSdeG.»

Victoria Gómez anunciou ademais unha serie de conferencias e cursos que se realizarán a nivel comarcal polos diferentes concellos. Estas charlas e obradoiros pretenden, como dixo a coordinadora socialista, achegar á cidadanía e, nomeadamente á militancia, cuestións de máxima actualidade e interese, como a reforma das pensións ou da tarificación eléctrica que afecta a varias empresas da nosa comarca (Megasa ou Endesa), así como un curso de Redes e Tics, unha conferencia de igualdade, ou unha xornada sobre o sector lácteo propoñendo políticas ante a grave crise que se prevé coa eliminación das taxas do leite.

 

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …