Terceira saida pola «ruta dos muiños de Esmelle»

ruta dos muiños esmelleA  terceira e última das saídas pola «Ruta dos muiños de Esmelle»organizadas pola Sociedade Galega de Historia Natural, en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Ferrol, co obxecto de potenciar a Biblioteca da SGHN e o manexo das guías de campo será o sábado 5 de outubro.

A finalidade destas saídas é, mediante as guías de campo, ver as modificacións da fauna e flora ao longo das estacións do ano.

Están invitadas a asistir todas as persoas interesadas e especialmente os profesores dos centros da comarca e os socios da SGHN.

A saída será ás 10:00 da mañá desde o local da Asociación de Veciños de Esmelle, e finalizará aproximadamente ás 13:00 horas. (4 kilómetros de percorrido,  dificultade baixa).

Para apuntarse á saída a data límite é o 3 de outubro, por cuestións do seguro da actividade.

Teléfonos de contacto: 881 93 13 15 e 698 141 384 (de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30).

 

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …