Sestayo pide que a comisión de industria do Parlamento comprobe «in situ» a grave situación da comarca

beatriz-sestayo_560x280A deputada socialista Beatriz Sestayo solicitou este xoves, día 12, ante a Mesa da comisión de Industria da Cámara do Parlamento Galego que se organice unha visita oficial por parte deste organismo autonómico á cidade de Ferrol e a súa comarca a fin de que os deputados e deputadas, nomeadamente os do Partido Popular, podan “entender a dimensión da gravidade da situación dunha terra desolada polo desemprego e a falla de políticas activas de dinamización económica e de emprego“.

Na súa intervención de defensa de solucións para Megasa, na que esixiu unha vez máis a derrogación da Orde Ministerial discriminatoria para a empresa que podería levala ao seu peche, a parlamentaria ferrolá convidou á comisión a ver os buzos colgados das rexas dos estaleiros, as empresas en ERE ou directamente liquidadas, a situación de FIMO ou os negocios pechados. “Se cadra así, señorías, poidan darse verdadeira conta do que acontece cada vez que votan neste Parlamento“, manifestou a tamén secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Ferrol.

Nesta liña, Sestayo afirmou que “o Parlamento está para algo máis que dar titulares; está para representar á cidadanía e solucionar os seus problemas, e a política ou é útil para as persoas ou non cumpre as súas funcións”.

Finalmente, a deputada, despois de lembrar a transcendencia de Megasa para a comarca de Ferrolterra, felicitou aos traballadores e traballadoras da compañía pola súa “loita incansable por manter ose seus postos de traballo”. Sestayo solicitou un acordo que respalde aos mesmos e esixa ao Goberno a modificación da Orde Ministerial que ten a Megasa en perigo de peche. “É fundamental dar imaxe de fortaleza“, destacou.

 

 

 

Lea también

La Xunta licitará las obras de construcción de 24 viviendas de promoción pública en Ferrol

El Consello de la Xunta ha autorizado la licitación de las obras de construcción de …