O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol chama a atención do goberno local polo elevado índice de accidentes de tráfico que se están a producir no barrio de San Xoán, e urxe á urbanización imediata das rúas «Basanta» e «Espiño».
O BNG salienta que existe unha forte demanda veciñal da necesidade de urbanizar estes viais e para que esta actuación contemple medidas que contribuan a garantir a seguridade vial nesta zona, garantir un mínimo de tranquilidade e seguridade aos peons que a diario transitan polos mesmos coa necesaria dotación de beirarrúas nestas rúas.
O BNG di que esta mesma fin de semana producironse varios accidentes na zona, lembra asi mesmo que por estas rúas adoitan a circular moitas persoas e lembran que é una rota utilizada amenudo polos nenos que van ao colexio.
Para o BNG resulta urxente que desde o concello e por parte do gobernó local se prioricen estes traballos de urbanización, que son demandas veciñais e que levan moitos anos de retrasos e promesas incumpridas.
Lea también
El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen
La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …