O concello de Ferrol conmemora o 150 aniversario de Cantares Gallegos e a 50 conmemoración do día das Letras Galegas

día das letras galegasA concelleira de Educación do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, asistirá este domingo, día 28, aos actos institucionais organizados polo Concello de Ferrol con motivo do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos e do 50 aniversario da institucionalización do Día das Letras Galegas.  A homenaxe terá lugar ás 12.00 horas na praza Rosalía de Castro, e está organizada polo departamento  de Normalización Lingüística xunto co movemento asociativo cultural e veciñal de Ferrol.

O obxectivo desta cerimonia é rememorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Ademais, ao mesmo tempo será conmemorado o acordo adoptado pola Real Academia Galega (RAG), o 28 de abril de 1963, de institucionalizar o Día das Letras Galegas.

Programación 

No acto institucional intervirán un membro do Consello Municipal da Lingua, ademais de autoridades locais. Entre a programación destacan a lectura de poemas de Cantares Gallegos a cargo de alumnos do IES Canido, do CPR Sagrado Corazón e CEIP San Xoán de Filgueira; ou a ofrenda floral ante o monumento de Rosalía de Castro. Así mesmo, os asistentes poderán escoitar o poema da homenaxeada Airiños da miña terra da man da Coral Alecrín e a peza Negra sombra interpretada pola Coral Polifónica Armonía. O colofón final estará marcado polo Himno galego representado por un gaiteiro do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol.

 

 

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …