A deputada do BNG Rosana Pérez pregunta a Montoro sobre os estaleiros de Navantia

rosana perez bng  A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, rexistrou unha pregunta dirixida ao Goberno para preguntarlle que carga de traballo existe para os estaleiros públicos de Navantia na Ría de Ferrol.

A qué “chapas”se refería Montoro?

Rosana Pérez alude ás afirmacións realizadas polo Ministro Cristóbal Montoro no pleno do pasado 13 de febreiro, que en resposta á pregunta formulada por esta deputada sinalou que “en marzo se van empezar a cortar chapas”.

Dado que non houbo novos traballos en Navantia, nen no pasado mes de marzo nen agora no mes de abril, ¿A qué se refería o Ministro de Facenda cando nesa sesión afirmou que “en marzo se ían empezar a cortar chapas”? De qué chapas se trata?”, pregunta a deputada do BNG . E quer que o Ministro explique que carga de traballo concreta existe e para canto tempo.

Fixeron a solicitude formal ante a UE sobre o dique flotante?

Outra das cuestións que a parlamentar nacionalista pón enriba da mesa é a relativa ao dique flotante. Lembra que tamén lle preguntamos a “Montoro por esta necesaria infraestructura e a negativa do Goberno a promovela cando daría carga de traballo para case dous anos”.

Máis en febreiro “o Ministro eludiu respostar sobre o dique flotante e tan só dixo que o “Goberno non descartou nada”. Mentras tanto, as mesmas autoridades comunitarias desvelaron que o Executivo español non tiña realizado ningunha solicitude formal para poder construir o dique flotante».

Por iso Rosana Pérez dirixe unha serie de preguntas ao Ministro para sabe se se ten dirixido de maneira formal á UE para demandar a construcción do dique flotante, quer sabe se o Goberno español xa descartou definitivamente a posibilidade desta infraestructura, e nese caso, a que se debería.

Están negociando que se levante o veto sobre Navantia Fene?

Outras das cuestións que a parlamentar do BNG non esquece é o veto que desde hai anos pesa sobre Navantia Fene para construir buques civís. “Un tema que debería ser unha prioridade na axenda e nas negociacións do Goberno en Bruxelas, e algunha vez o Goberno apuntou que estaba pendente desta cuestións pero nunca soubemos se estos contactos podían derivar en algo máis tanxíbel”.

De aí que pregunte ao Executivo se está a realizar algunha xestión ante a UE para que se levante o veto sobre Navantia Fene, e de ser así, “Existe flexibilidade por parte da UE para que se desbloquee esa situación que tanto limita ao noso estaleiro?”.

 

Lea también

Los trabajadores de Navantia Ferrol votaron paralizar los trabajos de aceros de las F-110

Los operarios de Navantia Ferrol han aprobado este miércoles, mediante un referéndum con voto en …