O BNG pide que o concello xestione a cesión gratuita do campo de San Xoan

BNGO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol solicita ao goberno local de Rey Varela que xestione a cesión gratuita do campo de futbol de San Xoan para o seu aproveitamento deportivo e esparcimento lúdico no barrio.

O BNG lembra que este barrio é dos poucos da cidade que carece dun espazo libre, adicado á práctica deportiva, e resulta unha paradoxa que pese a ter esta necesidade esta instalación deportiva se atope pechada e sen ningún tipo de uso.

Desde o BNG mantivemos un encontro coa directiva da asociación veciñal de San Xoán para abordar esta cuestión e a súas demandas sobre os usos desta area deportiva que na actualidade se atopa infrautilizada e da que o barrio podería beneficiarse.

O BNG considera que o Concello de Ferrol debería xestionar co propietario desta parcela que é Nova Galicia Banco a súa cesión gratuita para poñela a disposición dos veciños e das entidades deportivas que estiveran interesadas na súa utilización.

 

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …