En marcha o VIII Salón Profesional de Viños de España en FIMO

fevino-3O secretario xeral de Medio Rural e Montes da Xunta de Galicia, o presidente da deputación provincial, o alcalde de Ferrol e a presidenta da Cámara de Comercio, inauguraron  o VIII Salón Profesional de Viños de España (Fevino), que se celebra nas instalacións do recinto feiral de Punta Arnela (FIMO).

Tras percorrer os expositores cos bodegueiros que participan nesta feira, o primeiro edil da cidade fixo entrega do Premio a unha Traxectoria Profesional a Víctor Pascual Artacho, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe La Rioja e da Organización Interprofesional do Viño de La Rioja.

«Fevino convertirá a Ferrol nunha cidade de refrencia»(alcalde de Ferrol) 

Na súa intervención manifestou o seu convencemento de que “FEVINO converterá de novo a nosa cidade, nunha cidade de referencia para os profesionais e amantes do viño, que é moito máis que un produto de consumo”. Ao respecto, sinalou que o viño e o que xira ao seu redor constitúen “un sector económico fundamental para o noso país, tamén en Galicia, por non falar de toda a cultura, tradición e valor medioambiental que está ligado a esta actividade”.

Así, o rexedor ferrolán apuntou que o feito da presenza durante os próximos tres días en Ferrol de máis de 200 bodegueiros e dos mellores especialistas do mundo vitivinícola “servirá para relanzar aínda máis un sector que hoxe en día xa é moi importante para a nosa economía e, a través do cal, Galicia e España teñen unha importante proxección internacional grazas á excelencia dos seus viños”, dixo.

 «Fevino é un escaparate  excelente para abrir mercados» (Tomás Fernández-Couto)

Pola súa parte o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, salientou que Fevino se converteu nun escaparate excelente parafevino-inauguracion abrir mercados no noroeste peninsular, redundando en beneficio dos viños en xeral e dos galegos en particular.

Fernández-Couto cualificou este certame de referencia enolóxica, onde o consumidor pode coñecer de primeira man todas as particularidades dos viños de cada unha das rexións españolas sen ten que desprazarse, simplemente a través dos sentidos. Pois nesta feira, engadiu, atópase o mellor, o máis selecto dos produtos enolóxicos que conxugan tradición e calidade.

O secretario xeral tivo palabras para a viticultura galega, un dos sectores produtivos de maior transcendencia para a nosa Comunidade, non só dende o punto de vista económico senón tamén polas súas grandes implicacións sociais, histórico-culturais, medioambientais e paisaxísticas que fan da viticultura un sector estratéxico e representativo para Galicia.

«Chegou o momento de traballar pola verdadeira esencia deste recinto» (Diego Calvo)

fevino-inauguracion-1O presidente da deputación da Coruña, Diego Calvo, durante a súa intervención, asegurou “estar moi satisfeito” de ver como se abre unha nova edición da feira, á que cualificou como “a máis importante de todas as que tivo Fevino”. “Esta edición é fundamental, e non porque siga sumando anos, senón porque a situación pola que atravesa este recinto fixo perigar a súa celebración. Este ano fomos capaces de superar os problemas e fixémolo entre todos”, asegurou o mandatario provincial.

Calvo lembrou que a Deputación da Coruña se involucrou con Fevino e con FIMO, aos que brindou a súa axuda e apoio para futuras edicións. “Iso si, esixiremos resultados”, matizou o presidente.

“Chegou o momento de seguir traballando na verdadeira esencia deste recinto”, asegurou o presidente, quen lembrou que en Fevino danse cita expositores cos mellores caldos galegos, españois e, por primeira vez este ano, internacionais.

Calvo aplaudiu tamén o obxectivo da feira, que non é outro que “reunir a todos os profesionais do sector para crear novas oportunidades de negocio”, para asegurar a continuación que “non hai mellor lugar para celebrar este encontro que Ferrol, onde somos consumidores de bos viños e onde nosa hostalería aprecia e coida este sector”.

Para terminar, Calvo expresou o seu desexo de que “en dous anos sexan máis de 150 expositores os que elixan Fevino para seguir crecendo no sector e que esta cidade se converta en todo un referente para o sector

FEVINO

A Feira do Viño do Noroeste conta coa presenza dos mellores profesionais e especialistas do sector con representantes de adegas, distribuidores, enólogos e sumilleres, importadores e consellos reguladores, entre outros.

En Fevino 2013 danse cita máis de medio centenar de expositores directos, con miles de referencias e adegas representadas e con máis de 6.000 visitantes. O progresivo incremento da superficie de exposición, de edición en edición, é reflexo evidente tamén da evolución favorable do certame.

 

 

 

Lea también

Se izarán en los arenales de Ferrol cinco banderas azules

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, se desplazó hasta playa de Balarés, Ponteceso, …