Besteiro chama a unha mobilización mativa nas urnas: «Hai que votar para que ninguén decida por cada un de nós»

O secretario xeral do PSdeG lembra que os colexios están abertos ata as oito da tarde e ten un recordo especial para quen vota desde fóra de Galicia “e para quen, querendo facelo, non puído”.

Fuente PSdeG-PSOE

«A democracia, a marabillosa democracia, é a que nos permite hoxe votar» Así o defendeu José Ramón Gómez Besteiro ante os medios despois de exercer o seu dereito ao voto esta mañá no CEIP Rosalía de Castro de Lugo. O secretario xeral do PSdeG aproveitou a comparecencia para pedir unha mobilización masiva nas eleccións xerais deste domingo e para animar «a todo o mundo, a todos e a todas» a pasar polas urnas.

Besteiro advertiu de que quen non vota despois non pode buscar desculpas, pero puxo por diante outra razón, a que para el pesa máis. «Sobre todo, hai que votar para que ninguén decida por cada un de nós. Hai que votar masivamente» insistiu.

Os colexios electorais permanecen abertos ata as oito da tarde, e o líder dos socialistas galegos quixo lembralo para que ninguén se quede sen votar por un descoido. «Podemos facer moitas cousas no día sen esquecernos de vir votar», dixo. Pediu esa participación ampla «para que, efectivamente, todos e todas nos sintamos representados nesta votación, nesta exaltación da democracia que é unha elección»

Na súa intervención houbo tamén espazo para o agradecemento. Besteiro quixo ter «un cariño especial» para  quen fai posible a xornada electoral, e citou o persoal das administracións, as forzas e corpos de seguridade do Estado e os homes e mulleres que están nas mesas electorais «desde a primeira hora desta votación». Non esqueceu os medios de comunicación, «que cubrides esta xornada electoral e toda a campaña»

O voto exterior

O secretario xeral lembrou a «todos aqueles que xa fixeron a súa votación desde o estranxeiro» persoas que están fóra de Galicia pero queren votar, e tivo palabras tamén «para aqueles que querendo votar non puideron». A todos eles dirixiu unha mensaxe clara.»A distancia non lle resta voz e importancia á súa decisión nestas eleccións xerais» afirmou.

Para Besteiro, unhas eleccións consisten en «compartir un futuro entre todos e todas «e esa idea foi a que lle serviu para pechar o chamamento. «Entre todos e todas temos que decidilo, así que hai que votar, vir votar masivamente e ademais votar con forza, con esa forza que representa a democracia e a forza que nos dá tomar as nosas propias decisións e liderar o noso futuro»

O PSdeG seguirá a noite electoral desde a súa sede nacional en Santiago de Compostela, onde agardará os resultados unha vez pechen os colexios ás 20.00 horas.

Lea también

Constituidas sin incidencias las 3.912 mesas electorales en Galicia

Las primeras fueron en Xove, Monterrei y Neda mientras que en A Coruña una prolongará …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.