A EPEF acolle unha xornada técnica sobre materiais e procesos de soldadura

A Universidade da Coruña (UDC) e Tesol Group reúnen especialistas e representantes da industria para abordar os avances en novos materiais,  de unión, automatización e fabricación intelixente.

Foto: o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz Casás, e a adxunta á dirección de Tesol Group, Beatriz Couñago Otero, inauguraron esta mañá a I Xornada Técnica de Materiais e Procesos de Soldadura/UDC

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) acolle, a longo do día de hoxe, a I Xornada Técnica de Materiais e Procesos de Soldadura, impulsada pola Universidade da Coruña (UDC) e máis por Tesol Group, en colaboración con Navantia, Pemamek Iberia, ESAB Ibérica e Diagnostiqa Consultoría Técnica.

A iniciativa reúne no Campus Industrial de Ferrol a profesionais do sector industrial, especialistas e persoas integrantes da comunidade universitaria para analizar as innovacións e os retos da fabricación industrial.

Ao longo da mañá, esta primeira xornada técnica contou coa participación do fundador de Tesol Group, Fernando Couñago Pérez, quen abordou o futuro da fabricación industrial; do application specialist de ESAB Ibérica, José Manuel Hernández, e do xerente rexional de vendas de EWM GmbH, Juan Díez, que analizaron os novos materiais e os procesos avanzados de soldadura; do engineering manager de Tesol Group, Jorge Urbano Martínez; quen falou da enxeñaría de soldadura e da cualificación profesional; e do welding engineer de Diagnóstica Consultoría Técnica, Antón Xosé Díaz Gómez; quen afondou no control de calidade e nos ensaios non destrutivos.

Foto: o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz Casás, e a adxunta á dirección de Tesol Group, Beatriz Couñago Otero, inauguraron esta mañá a I Xornada Técnica de Materiais e Procesos de Soldadura/UDC

A sesión da tarde estará centrada na automatización, na robotización e na transformación dixital da industria, coa intervención do sales manager de Pemamek Iberia, Raúl Lorenzo; sobre o concepto de estaleiro intelixente (Smart Shipyard 5.0). Pola súa banda, o fundador de Tesol Group, Fernando Couñago Pérez e o sales director de Pemamek Iberia, Peter Senz, presentarán casos de éxito e aplicacións industriais nos sectores naval, da automocións e offshore.

A xornada concluirá cunha mesa redonda moderada pola directora do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), Belén Montero, na que se debaterá sobre os desafíos que presentan os novos materiais, a intelixencia artificial e os procesos de fabricación avanzados.

Lea también

El 94,28% de los universitarios gallegos logra plaza en sus tres primeras opciones en un curso con 12.035 matriculados

El Sistema Universitario de Galicia (SUG) ha alcanzado una cifra total de 12.035 alumnos matriculados …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *