SGHN organiza unha saída guiada polos xardíns históricos de Ferrol

Un ano máis, baixo o patrocinio da concellería de Educación do Concello de Ferrol, terá lugar unha saída guiada polos xardíns históricos da cidade dentro da actividade “A Biblioteca sae ao medio: interacción libro-natureza“.

A actividade, organizada pola Delegación de Ferrol, celébrase este sábado 17 que partirá ás 11:00 horas nun percorrido de 2,87 km, no que se revelarán algunhas das especies de flora e fauna que comparten os máis antigos dos xardíns urbanos da cidade de Ferrol e descubriremos a vida dentro do ambiente urbano.

As plazas son limitadas, cun máximo de 20 asistentes máis o guía, precisa de inscrición obrigatoria para participar a través do correo electrónico: ferrol@sghn.org achegando o nome, apelidos e DNI para suscribir un seguro de responsabilidade civil nominativo para cada participante.

Os menores de idade deberán asistir acompañados por unha persoa adulta. Se recomenda levar auga, roupa e calzado cómodos e acordes coa meteoroloxía, así como paraugas de ser necesario.

Punto de encontro:https://maps.app.goo.gl/7XRz8Eu3ab24Sfkg8

Lea también

Cedeira reafirma o seu éxito de modelo turístico cuns 70.000 visitantes en Santo André de Teixido

A aposta polo turismo activo, da man de empresas locais, confírmase un verán máis para …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *