O BNG celebra un acto público de presentación da candidatura de Món Fernández a alcaldía de Ferrol

Fot. Bng Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol celebra o vindeiro xoves, 8 de outubro, un acto público de presentación da candidatura de Món Fernández a alcaldía de Ferrol nas próxima eleccións municipais do mes de maio co obxectivo de que sexa o novo alcalde da cidade.

Neste acto que se desenvolverá no centro cívico de Caranza, o 8 de outubro às 20 horas, Mon Fernández estará arroupado pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón e no que tamén intervirán o actual portavoz municipal, Iván Rivas, e Mariña Bello.

O BNG defende unha voz propia para Ferrol, «sen subordinacións e centrada na defensa dos intereses da cidade». Mon Fernández defende que Ferrol é moito máis que unha cidade, «é a cabeceira da comarca e ten que recuperar ese liderazgo que ten abandonado pola deixadez dos últimos alcaldes». 

O BNG defende que Ferrol precisa dun cambio «e precisa volver a situar no centro da política municipal ao máis importante que ten a cidade que son as súas as persoas e as entidades que traballan día a día por mellorar Ferrol».

O BNG convida a toda a veciñanza a participar no acto, achegarse a coñecer a Mon Fernández e o proxecto que presenta para Ferrol.

Lea también

Rescatada una persona en Ferrol tras caer con su coche en un regato

Una persona tuvo que ser rescatada en la tarde de este pasado jueves en Ferrol …