Asotrame organiza unha charla en liña gratuíta sobre discapacidade e dereitos

Asotrame organiza este mércores 30 de setembro, a partir das 19 horas, unha charla en liña sobre discapacidade. Na sesión, explicarase o que se entende por discapacidade e resolvendo as dúbidas que poidan manifestar as persoas que decidan sumarse. A asociación ten aberto o prazo para inscribirse.

Alba García, traballadora social da entidade, será a encargada de impartir esta charla, que partirá da diferenciación entre discapacidade, condición que mide como afectan as secuela e limitacións das patoloxías á vida en xeral, e incapacidade (só no eido laboral).

Abordaranse os diferentes tipos de discapacidade existentes, entre eles, a orgánica, que presentan moitos dos pacientes e expacientes de cancro hematolóxico. Falarase ademais como hai que solicitar o recoñecemento, das posibilidade de revisión e, como non, dos dereitos, beneficios e prestacións aos que se poderá acceder en función da porcentaxe recoñecida.

Esta sesión completará o ciclo impulsado pola da Asociación galega de persoas con enfermidades oncohematolóxicas con apoio da Dirección xeral de persoas con discapacidade, pertencente á Consellería de Política social, está aberta ao conxunto da cidadanía.

Para participar, só haberá que enviar unha mensaxe de Whatsapp ao número da asociación: 698 130 684 indicando nome e apelidos e o seu interese por sumarse á iniciativa. O equipo técnico da entidade enviaralles a ligazón para conectarse por Teams na data e hora indicadas.

Lea también

Más de 16.200 gallegos figuran como inscritos en el registro de donantes de médula osea

Este martes 22 de septiembre se conmemora el Día Mundial de Donante de Médula Ósea, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *