O Campus de Ferrol despide o verán coa clausura do campamento de creatividade e ciencia “Todas as Ideas Contan”

 

Fot. UDC Campus Industrial de Ferrol

A vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, Ana Ares, e a directora da Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) da Universidade da Coruña (UDC), María José Abad, despediron aos 15 nenos que participaron, do 31 de agosto ao 8 de setembro, na primeira edición do campamento de verán “Todas as Ideas Contan” que tivo lugar no Edificio de Apoio ao Estudo do Campus Industrial de Ferrol.

A iniciativa, impulsada por primeira vez na cidade departamental pola Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX), naceu co obxectivo de favorecer a conciliación das familias nos últimos días do verán, ofrecéndolle aos nenos un espazo de aprendizaxe e tamén de diversión.

O programa, deseñado polo equipo de Gazapo, incluíu diversas actividades relacionadas coa ciencia, a experimentación, a arte, a construción, a lóxica e a creatividade.

Lea también

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na IV edición do FESTALENT

A feira terá lugar, o próximo xoves 29 de outubro, de 10:00 a 14:00 horas …