O Atlético San Pedro de Oleiros proclámase campión da Copa Deputación de fútbol feminino en Pontedeume

As oleirenses gañaron por 2-0 ao Xallas FC. Bernardo Fernández e Antonio Leira participaron na entrega de premios dunha competición que reparte 12.000 euros en premios.

Fuente Deputación de A Coruña

O Atlético San Pedro de Oleiros gañou este pasado sábado 5 a Copa Deputación de fútbol feminino 2026, tras vencer por 2 – 0 ao Xallas FC, na final disputada no campo da Gándara, en Pontedeume.

As xogadoras do San Pedro levantaron finalmente o trofeo de campioas da Copa Deputación, pechando unha xornada na que Pontedeume se converteu no principal punto de encontro do fútbol feminino galego.

Fuente Deputación de A Coruña
Fuente Deputación de A Coruña

Na entrega de premios participaron o voceiro do goberno provincial e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e o deputado de Deportes, Antonio Leira, que felicitaron ás xogadoras e aos clubs participantes polo nivel deportivo amosado durante a competición. Tamén estiveron presentes na entrega a concelleira de Deportes de Oleiros, Teresa Vázquez, e o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, así como representantes da Federación Galega de Fútbol.

A Copa Deputación de fútbol feminino reparte 12.000 euros en premios: 5.000 euros para o equipo campión, 4.000 para o subcampión e 1.500 euros para cada un dos dous semifinalistas eliminados.

Fuente Deputación de A Coruña

A Deputación da Coruña continúa así apoiando o fútbol feminino e competicións que contribúen a dar visibilidade ao deporte de base e aos clubs da provincia, nunha xoranda que, a pesar das elevadas temperaturas, volveu congregar numeroso público nas bancadas da Gándara.

Lea también

El Club Arco Narón convoca el XXI Trofeo «Cidade de Narón»

La competición se desarrollará el sábado 24 de Octubre de 2026 en el Pabellón da …