O encontro disputarase o 8 de setembro, ás 20.30 horas, no pavillón de A Malata.
O concelleiro de Deportes, Ricardo Aldrey, presentou unha nova edición do Torneo Cidade de Ferrol de baloncesto feminino, no que se medirán o Baxi e o Sparking Truth Maristas, o vindeiro 8 de setembro
O encontro, que servirá para continuar coa preparación da temporada do conxunto local, supón a 26ª celebración do trofeo que leva o nome da cidade e que se xogará no pavillón de A Malata, a partir das 20.30 horas.
Na presentación do torneo tamén participou o presidente do clube, Santiago Rey, e unha das novas fichaxes, Esther Castedo.
O BAXI Ferrol continúa coa súa preparación de cara á nova tempada cunha nova cita ante a súa afección. Será a primeira oportunidade para que a afección do BAXI Ferrol poida ver de preto ás xogadoras e acompañar ao equipo durante a pretempada, nunha cita que servirá tamén para seguir avanzando na posta a punto do cadro dirixido por Lino López.
Entradas ya disponibles.
As entradas para o encontro estarán dispoñibles a partir dende hoxe venres 28 de agosto a través da páxina web oficial do club, www.universitarioferrol.org.
Os abonados do BAXI Ferrol terán acceso gratuito ao encontro, mentres que para o público xeral os prezos serán de 5 euros para nenos e 10 euros para adultos. Desde o club anímase a toda a afección a acudir á Malata e gozar dunha nova xornada de baloncesto en Ferrol, acompañando ao equipo neste camiño de preparación para unha tempada que volverá estar marcada pola ilusión e os retos deportivos.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
