Neda organizará unha visita interpretativa ao muíño do Carrizo na véspera da Festa do Pan

Este mércores abre inscricións na iniciativa, posible grazas á colaboración dos veciños Xavier Pujol e Manuela Calderón, propietarios do muíño.

Archivo. Muiño do Carrizo | Concello de Neda

O Concello de Neda organiza unha nova visita interpretativa ao muíño do Carrizo. A iniciativa, que se celebrará o sábado 5 de setembro, na véspera da Festa do Pan, é posible grazas á colaboración que novamente brindan os actuais donos do muíño, Xavier Pujol e Manuela Calderón. A participación é de balde, con 50 prazas dispoñibles. A inscrición abrirase este mércores 26 de agosto ás 10:00 horas -ata o 2 de setembro, en horario de mañá- a través do número de teléfono 981 390 233.

A visita incluirá unha camiñada pola beira do río Belelle, que partirá da área recreativa de Maciñeira ás 10:00 horas. Polo camiño, Xavier Pujol, experto en educación ambiental, falará da flora e fauna do territorio, ademais de abordar usos e costumes na zona ligados ao río.

Archivo 2025- Visita o Muiño do Carrizo | C. de Neda

Xa no muíño, xunto a Manuela Calderón, compartirá coas persoas participantes a historia do muíño, que comezaba no século XIX como fábrica de papel, e continuaba como muíño fariñeiro ata a década dos 80 do pasado século, cando cesaba a actividade.

 

Lea también

El directo de Siloé «arrasa» en Ferrol

Esta noche el grupo Siloé integrado por Fito Robles (vocalista), Xavi Road (guitarrista) y Jaco …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *