Narón lembra ás familias que segue aberto o prazo de solicitude do servizo de madrugadores

A solicitude pode presentarse a través do rexistro xeral do Concello ou da Sede electrónica municipal.
 
Fuente Concello de Narón
O Concello de Narón recorda ás familias con fillos matriculados no 2º ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria nos centros de ensino públicos do municipio que continúa vixente o prazo para solicitar o servizo de madrugadores de cara ao próximo curso escolar.
 
O Concello establece dous prazos diferenciados en función da situación de cada familia. Para o alumnado que xa estivo dado de alta o curso anterior no mesmo centro, a renovación de praza debía solicitarse entre o 1 e o 30 de xuño. Pola súa banda, as familias que vaian utilizar o servizo por primeira vez, ou que non solicitasen a renovación no seu momento, poden facer a nova alta desde o 1 de xullo ata o 30 de abril de 2027.
 
En calquera dos dous casos, a inscrición pode formalizarse en calquera momento do curso, sempre que existan prazas dispoñibles. Poden presentar a solicitude os pais, nais, titores ou calquera outro representante legal do alumnado matriculado no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria.
 
Esta débese formalizar a través do modelo normalizado que deberá presentarse no rexistro xeral do Concello de Narón ou a través da Sede Electrónica municipal. As familias que desexen domiciliar o pagamento do servizo deberán presentar, por rexistro de entrada independente, a solicitude de domiciliación bancaria (modelo T-TES-02).
 
Así mesmo, quen queira solicitar a bonificación do prezo público, tanto en renovación coma en novas altas, deberá presentar a solicitude específica dispoñible na Sede electrónica municipal. Para calquera dúbida, as familias poden contactar co Servizo Sociocomunitario no teléfono 981 337 700, extensión 1125.

Lea también

Unha unidade móbil de doazón de sangue achegarase a Narón en tres xornadas ao longo desta semana

O Concello de Narón colabora coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos na campaña …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *