Habaneiras en Pontedeume–(Xosé Paz Fernández)

Xosé Paz Fernández-(Director da Coral Polif. Eumesa)
No vindeiro XXI Festival de Habaneiras do Concello de Pontedeume, do dia 24 de xullo, venres, actuarán na mostra, as corais de Culleredo (A Coruña), de Cospeito (Lugo), a Rondalla Bohemios do Ferrol, e a Coral Polifónica Eumesa, organizadora. Está anunciado para a tardiña, ás 9 (21 horas), na Praza da Calzada tamén coñecida como do Azougue onde teñen lugar estos actos case sempre.

Nestos festivais anuais dos que estamos a falar, ás veces xurden novas composicións de habaneiras. Neste caso tamén o será na actuación pola parte da coral organizadora. A melodía na mestura coa letra, ven a ser un canto poético sinxelo ó mariñeiro Porto de Redes, coas súas barcas e o seu entorno: augas, olas, praias coas areas e a brisa, que reflicten o encantamento da protagonista, unha barca, que vai a contar o que sucede……E así froito da colaboración poético musical, será presentada, como primicia, a estrea do cantar da habaneira que leva o nome de: “En Redes las barcas hablan”.….

A composición poética é debida ao mariño emigrante, maniñense, Moncho Pena Deus. O autor, militar retirado e asentado nas Illas Canarias, agora, tamén retornado dende fai algún tempo á súa terra, segue a producir unha cantidade inxente de prosa e poesía con moitísima variante temática. Para a letra en castelán, se fixo unha lectura e achegamento ao texto, para harmonizalo, resultando unha mestura de letra-música moi pegadiza, sinxeliña, moi fácil e curta. Esta, remañece dunha publicación do libro de poemas de R. Pena Deus, titulado “Entre dos tierras” (2024) Galicia e Canarias, no que como autor expresa a seguinte dedicatoria: “Para todos aquellos que, creyendo conocerme, saben muy poco de mí; porque yo, sólo soy yo, cuando lo permiten las circunstancias, en las que ellos jamás están”.

Moncho Pena

E unhas ringleiras da presentazón da temática do seu libro son as que seguen: “(….) Paisajes, clima, costumbres, añoranzas y recuerdos; la familia gallega que quedó en la tierra natal y nunca se olvidó; la familia canaria, esa que llega en forma de amigos incondicionales que complementan la sangre; todo eso se transmite en poemas que, sin duda alguna, removerán emociones y sentimientos y dejarán en tí lector, el dulce sabor de boca de las cosas bonitas hechas con el corazón y con el alma.”

A obra do autor abráianos pola cantidade de títulos que ofrece a súa inspiración, cunha ollada poética do vivir cotián, ideas profundas, amor das persoas á terra, o silenzo, o amor, a liña da educación ou a ledicia. Nunha palabra: a súa mente está moi activa e aberta a calquer tema.

E así cantándolle ao pobo por medio dunha habaneira, quere expresar os seus sentimentos o poeta cantor dos arredores dun porto do mar, neste caso Redes.

Coral Eumesa, en recente actuación

Felicidades pois para ese lugar tan engaiolador, polo acontecemento de ser cantadas e espalladas as súas peculiaridades polos autores.

Lea también

Kiko: de la adicción a la ayuda, una historia que interpela a la sociedad-(José Carlos Enríquez)

José Carlos Enríquez Díaz En una sociedad que a menudo juzga rápido y comprende poco, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *