A cita terá lugar o vindeiro 21 de agosto na Porta do Sol.
O Concello de Valdoviño xa está a traballar nos preparativos para unha nova edición do Mercado Ecolóxico na súa edición nocturna. Tratarase da terceira ocasión na que se ensaia esta fórmula, con grande éxito nos dous anos precedentes. Desta volta, a cita terá lugar o 21 de agosto, venres, a partir das 19:00 horas e ata a medianoite.
Coa vista posta nesta data, a Concellería de Cultura volve abrir convocatoria dirixida a produtores, persoas autónomas e pemes adicadas ao sector primario, artesáns ou calquera outro vinculado ao consumo responsable, que conten coas autorizacións pertinentes para desenvolver a súa actividade, e estean interesados/as en comercializar os seus produtos neste evento.
Nese caso, dende xa e antes do próximo 26 de xullo, deberán formular a súa petición de participación a través do correo electrónico info@totemgestion.com sinalando os datos básicos (nome, actividade, teléfono de contacto). Entre todas as solicitudes presentadas realizarase unha selección, priorizando en todo caso a participación dos negocios da localidade, e unha vez confirmada a praza, deberán achegar a documentación requirida.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
