Aberto o prazo en Valdoviño para comunicar a celebración das fogueiras de San Xoán e San Pedro

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, emitiu un bando no que se informa da apertura do prazo para realizar a comunicación das fogueiras de San Xoán e de San Pedro nos espazos privados dos núcleos urbanos e rurais do municipio.

O trámite debe formalizarse no rexistro xeral da casa consistorial ou sede electrónica antes das 13:00 horas do 19 de xuño para San Xoán e antes das 13:00 horas do 26 de xuño para San Pedro.

En todo caso, lémbrase que as comunicacións deberán corresponder a fogueiras tradicionais, nunca a queimas. No caso de queimas agrícolas ou de restos forestais deben comunicarse e solicitar autorización respectivamente á Xunta de Galicia.

Ademais, é preciso ter en conta as seguintes precaucións:

Gardar unha distancia de seguridade de 25 metros a vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos, e zonas vexetais susceptibles de ser queimadas. Non se poden queimar residuos perigosos ou tóxicos. A altura máxima da fogueira será de 2 metros.

Previamente ao seu inicio, deberá facerse unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa axeitada rodeando o perímetro da luminaria. Disporase do material e medios suficientes para o seu debido control.

Non se poderá realizar a luminaria cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, sobre todo polo vento, ou se a Consellería de Medio Rural suspendese as queimas nesa xornada.

Non se poderá abandoar o lugar da fogueira mentres non estea totalmente extinguida.

Lea también

La Xunta autoriza 4 nuevos convenios con cofradías para regenerar bancos marisqueros. La mayor cuantía para la de Barallobre

El Consello de la Xunta ha autorizado cuatro nuevos convenios con cofradías, con las de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *